Inicio > Transparencia e goberno aberto > Programas Operativos > Vixilancia Forestal - FEADER 2014-2020 "Europa inviste no rural"

Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER), no marco do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020

Esta contratación está cofinanciada nun 75% polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER), Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014_2020.

Constitúe unha obriga contractual esencial o cumprimento das obrigas de información e publicidade previstas no artigo 13 e no anexo III do Regulamento de execución (UE) 808/2014, da Comisión, do 14 de xuño de 2014, na estratexia de Información e Publicidade do PDR aprobada pola Autoridade de xestión e demais normativa de aplicación.

O Consello da Xunta de Galicia, na súa sesión do 17 de novembro de 2017, aprobou a posta en marcha dunha Rede de vixilancia dos espazos forestais para apoiar o labor de detección e prevención e seguimento de incendios forestais, establecendo que en 2018 estará operativa unha primeira fase do sistema, que permitirá monitorizar o 48% do territorio, incluíndo terreos das 73 parroquias de Alta Actividade Incendiaria (PAAI) definidas así no Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (Pladiga) da consellería do Medio Rural.

Os obxectivos principais da rede nesta primeira fase son a vixilancia remota e servir de apoio na extinción de incendios. En caso de detectarse un lume o sistema achegará información visual en directo sobre o avance e as condicións do incendio e permitirá xeoposicionar o punto exacto que se está a visualizar en cada momento. Deste xeito, a rede ofrece un mecanismo de apoio á toma de decisións polas autoridades e persoal técnico competentes para mobilizar e xestionar medios e recursos para os labores de extinción.

A nova rede despregarase aproveitando as infraestruturas de Retegal. Nesta primeira fase instalaranse cámaras en 34 centros de telecomunicacións do operador público, que facilitarán cobertura visual de 1,4 millóns de hectáreas, preto da metade do territorio galego.

Na referida sesión do Consello da Xunta de Galicia, aprobouse o convenio entre a consellería do Medio Rural, a AMTEGA e RETEGAL, asinado o día 9 de xaneiro de 2018, para o despregamento da Rede de vixilancia dos espazos forestais de Galicia, cofinanciado parcialmente co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020, Medida 8 (M08) Investimentos no desenvolvemento de zonas forestais e mellora da viabilidade dos bosques, Submedida 8.3,  axuda para a prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e catástrofes, que articula a posta en marcha e mantemento desta Rede de vixilancia dos espazos forestais ata 2022.

IMPORTE: 900.000,00 € CONFINANCIADOS

Medida 8 (M08) Investimentos no desenvolvemento de zonas forestais e mellora da viabilidade dos bosques.
Submedida 8.3. Axuda para a prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e catástrofes.
Área focal 4A: Restaurar, preservar e mellorar a biodiversidade, en particular nas zonas Natura 2000, e nas zonas con limitacións naturais ou outras limitacións específicas e nos sistemas agrarios de gran valor natural, así como o estado dos paisaxes europeos.
Área focal 4B: Mellora da xestión da auga, incluíndo a xestión de fertilizantes e praguicidas.
Área focal 4C: Previr a erosión dos chans e mellorar a súa xestión.

Ligazóns de interese