Inicio > Servizos > Servizos institucionais

Conexión de centros da rede corporativa da Xunta de Galicia

RETEGAL  xestiona unha infraestrutura  de telecomunicacións distribuída por todo o territorio galego. Esta infraestrutura dispón, entre outras, de numerosas torres de comunicacións, equipos electróxenos, parábolas e dunha rede de fibra óptica que está conformada por máis 1.855,35 km.

Sobre esta infraestrutura RETEGAL presta servizos de transporte e conectividade de diferentes centros da Xunta de Galicia e os seus organismos dependentes mediante diversas tecnoloxías: Gigabit Ethernet, FastEthernet, radioenlaces, etc.

Esas actuacións enmárcanse dentro do carácter de RETEGAL como medio propio instrumental da Xunta de Galicia.

 

Despregamento da Banda Larga

RETEGAL dispón dunha infraestrutura  de telecomunicacións distribuída por todo o territorio galego susceptible de ser utilizada pola Xunta de Galicia como apoio no desenvolvemento de novas redes. Esta infraestrutura ten múltiples torres de comunicacións dotadas de alimentación eléctrica que poden albergar equipos que sirvan de repetidores de sinal en radioenlaces que precisen de puntos intermedios.

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), encomendou a RETEGAL, medio propio instrumental da Xunta de Galicia,  a execución dun programa de investimentos para o desenvolvemento das redes troncais e infraestruturas públicas necesarias para garantir a existencia da banda larga en Galicia, de conformidade co establecido no Plan de Banda Larga 2010-2013 aprobado polo Consello da Xunta, así como a xestión e mantemento das infraestruturas e redes resultantes.

 

Rede de Seguridade e Emerxencias de Galicia (RESGAL)

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), por resolución de datas 19 de xaneiro e 27 de outubro de 2015 encomendou a RETEGAL a xestión e mantemento da Rede Dixital de Emerxencias e Seguridade de Galicia (RESGAL)

Así as cousas, RETEGAL ven realizando a complexa tarefa da explotación e xestión integrais do servizo de comunicacións móbiles de emerxencia da Xunta de Galicia, que ademais da operación e mantemento da infraestrutura de rede, contempla a xestión operativa de usuarios, tanto das entidades adscritas á Xunta de Galicia como doutras entidades con responsabilidades en materia de emerxencias e seguridade integradas na RESGAL.

Ligazóns de interese