A Política Ambiental de RETEGAL ten como obxectivo velar pola protección do medio ambiente en calquera das súas actuacións.
A presente Política describe os límites aceptables que deben rexer os criterios ao redor da prevención do dano ambiental, á restauración do devandito dano, á minimización do impacto ambiental e á compensación social do impacto inevitable. Así mesmo, é aplicable a todos os empregados, directivos e membros dos órganos de administración da sociedade e refírese a accións individuais e/ou conxuntas realizadas por ou en nome da sociedade.
En RETEGAL mantemos un compromiso de liderado ambiental en todas as nosas actividades empresariais e, sendo conscientes do posible impacto ambiental da nosa actividade, a protección do medio ambiente exprésase como un dos nosos principais valores, o que fai que todos os directores e empregados, así como os contratistas que realicen actividades para RETEGAL, deberán cargar coa responsabilidade persoal que os oriente, de maneira activa, cara á prevención do dano ambiental, cara á restauración do dano, cara á minimización do impacto e á compensación social do impacto inevitable.
RETEGAL comprométese a:
- Considerar as variables ambientais e sociais, na planificación e desenvolvemento das nosas actividades e nas dos nosos contratistas.
- Cumprir a lexislación ambiental, incluídos os requisitos legais, normas e compromisos aos que nos subscribiramos.
- Previr o dano ambiental, utilizando prácticas e procesos empresariais que minimicen os impactos (visual, enerxético, contaminante, sobre riscos na saúde e seguridade das persoas e equipos, etc.).
- Mellorar de forma continua o noso sistema de xestión e o rendemento ambiental.
- Actuar de inmediato para a restauración do dano, a minimización do impacto e á compensación social de calquera impacto inevitable.
Por razón da nosa actividade, prestación de servizos de telecomunicación, a sociedade non produce bens materiais, en consecuencia non é habitual o uso de embalaxes. Embálanse envíos puntuais de material para o que se reaprovechan caixas de material recibido. O seu impacto é residual no conxunto das operacións de RETEGAL.
Un uso máis eficiente de recursos reportará en por si un aforro en custos. Desde unha perspectiva solidaria, esforzámonos en eliminar ou minimizar o noso consumo de recursos, especialmente aqueles que actualmente son limitados, de tal maneira que diminuíndo a nosa dependencia de determinsados recursos, estamos a potenciar a propia sustentabilidade da empresa.
Unicamente utilizamos a auga en limpeza e hixiene de edificios e persoas. Non a utilizamos en procesos industriais de fabricación ou produción.
Nas nosas oficinas a auga procede da traída municipal e nos centros emisores procede de captación subterránea. Non existen medidas de aforro no consumo.
Durante o ano 2017 abordaremos a implantación dun sistema de xestión ambiental que nos permitirá controlar, e no seu caso reducir, o consumo de auga nas nosas instalacións. O sistema ambiental integrarase no sistema actual de xestión.
Utilizamos gasóleo para o abastecemento de vehículos e para a xeración de enerxía eléctrica en casos de emerxencia (grupos electróxenos ante fallo na subministración eléctrica)
O consumo anual estimado é o seguinte:
- Vehículos: 42.514,52 litros.
- Grupos electróxenos: 2.074,88 litros
Os cálculos realizáronse en base aos consumos medidos no ano 2016, tanto da enerxía eléctrica como de gasoil.
Non se calcularon as variacións en combustibles fósiles pola súa baixa incidencia.
Desenvolvemos políticas e accións enfocadas a conseguir a eficiencia enerxética de todas as actividades da empresa.
Así mesmo fomentamos, a través da contratación pública, a adquisición de equipos energéticamente eficientes, establecendo criterios que poñan en valor estes equipos.
A eléctrica é a principal fonte de enerxía que utilizamos para a prestación dos nosos servizos. Como consecuencia do seu uso xeramos calor e ondas electromagnéticas.
A nivel interno levamos a cabo prácticas encamiñadas á redución de custos e consumos, tales como:
- Contratación centralizada da enerxía eléctrica a través do contrato marco da Xunta de Galicia.
- Nos procesos de renovación de equipamento se prima na contratación a eficiencia enerxética (potencia entregada / potencia demandada).
- Nos sistemas de refrixeración téndese á utilización de sistemas de convección e ventilación fronte a sistemas de refrixeración.
- Nos procesos de compra ou aluguer a longo prazo de vehículos valórase o seu consumo e os seus niveis de contaminación.
Utilizada na súa gran parte para a subministración eléctrica do equipamento dos seus máis de 270 centros de telecomunicacións. O consumo en sistemas de calefacción é simbólica fronte ao consumo do equipamento de telecomunicacións.
Consumo estimado anual: 8.516.447,00 KWh.
O cambio climático e as emisións de gases de efecto invernadoiro aféctanos a todos. As empresas responsables aplican accións máis aló das súas obrigacións legais para adaptarse ao cambio climático e reducir as súas emisións de efecto invernadoiro.
A xeración de residuos é o outro lado da moeda de consumo de recursos. Evidentemente, canto menos se consuma, xerarase menos desperdicio con efectos nocivos e menos será necesario eliminar. A empresa responsable tratará de minimizar a xeración de residuos como consecuencia da súa actividade e xestionará os que se producen de forma menos prexudicial e máis ecolóxica.
O impacto sobre a diversidade vén determinado polo tipo de actividade que levamos a cabo, polo que a estratexia para preservar a biodiversidade debe integrar elementos tanto de prevención e xestión, como de restauración de danos, provocados polas actividades da empresa.
Galicia, polo seu singular perfil demográfico e a súa dispersión poboacional, configura un territorio cunha notable diferenza en canto á accesibilidade aos servizos de telecomunicación, entre os núcleos máis poboados e os menos poboados, o que condiciona o despregamento da rede e a consecuente afectación á contorna natural.
A Directiva 2009/140/CE tamén prevé a obrigación das administracións territoriais de establecer procedementos adecuados de coordinación na execución de obras públicas ou na utilización de calquera recurso ou propiedade pública que garantan a dispoñibilidade de información polas partes interesadas.
En RETEGAL analizamos os impactos máis significativos para a biodiversidade naqueles espazos naturais protexidos e en áreas de alta biodiversidade, consecuencia da súa actividade de despregamento e mellora da rede de telecomunicación de Galicia.
Así, identificamos como espazos afectados pola súa biodiversidade: Rede Galega, Rede Natura 2000, espazos de protección internacional (RAMSAR e Reserva da Bioesfera) e outros espazos protexidos, de tal maneira que, de despregar centros de telecomunicación durante o ano 2017, ademais de cumprir con todos os informes sectoriais dos que xa dispón o Plan sectorial de infraestruturas de telecomunicacións xestionadas por RETEGAL aprobado polo Consello da Xunta no ano 2013, faremos os nosos maiores esforzos por evitar sempre que sexa posible a súa instalación nestas localizacións.
Unha análise do ciclo de vida, por exemplo dos vehículos, permitiranos detectar en que fase xéranse as principais cargas ambientais e, en consecuencia adoptar medidas de esforzo de mellora ambiental.En RETEGAL non producimos emisións contaminantes derivadas do consumo eléctrico habitual. As emisións existentes son as derivadas do funcionamento dos vehículos a motor e esporadicamente dos grupos electrógenos de emerxencia.
Non existe unha xestión específica, salvo as revisións periódicas de motores e vehículos coa finalidade de garantir a boa combustión.
Así mesmo, desde os centros de telecomunicacións emítense radiacións radioeléctricas que están dentro dos límites legais establecidos, así como sometidos aos controis periódicos normativos e aos nosos propios mantementos adicionais. É importante resaltar que, polas características dos servizos que prestamos, estes centros atópanse situados en zonas illadas, de elevada cota e practicamente despobladas.
Debemos asumir o compromiso de analizar o ciclo de vida dos equipos e instalacións para determinar as cargas ambientais que permita a toma de decisións para conseguir unha mellora ambiental.
A formación e sensibilización ambiental afecta a todas as persoas que forman parte da nosa empresa, e por iso elaboramos no ano 2011 o Manual de boas prácticas para a optimización dos recursos: comunicacións, enerxía, material de oficina e outros, que segue en vigor, que debe actualizarse con aqueles aspectos que se identificaron como significativos e que se pretenda mellorar.
Coa finalidade de mellorar a eficiencia enerxética, ambiental e económica, adoptamos medidas adicionais encamiñadas á eficiencia económica ambiental e enerxética:
- Utilización das novas tecnoloxías para a redución dos desprazamentos do noso persoal, sempre que iso sexa posible, a reunións de traballo (audio-conferencias, vídeo-conferencias,etc).
- Instalación e mellora dos sistemas de telesupervisión e telegestión nos centros de telecomunicación, incluso instalando equipos de reserva telecomandados, coa finalidade de reducir e/ou agrupar os desprazamentos do noso persoal de mantemento e operacións.
- Utilización de medios de transporte colectivos, especialmente para desprazamentos de longa distancia.
- Utilización de empresas de transporte para envío de materiais entre centros da empresa.
Temos como obxectivo a medio prazo a ampliación do alcance do noso sistema de xestión da calidade, incluíndo a área de enxeñería.
Igualmente a xestión ambiental tamén será certificada conforme a norma UNE-EN ISO 14001:2015. Deste xeito, conseguiremos integrar, nun único modelo de xestión, os aspectos propios da nosa actividade desde a tripla perspectiva da calidade, medio ambiente e seguridade e saúde laboral.
Débese facer notar que non recibimos ata a data ningunha sanción nin multa por incumprimentos en materia ambiental.