Inicio > Aviso legal

Información xeral

As presentes disposicións regulan o uso do servizo do portal de internet (en diante, o “Portal') que RETEGAL pon a disposición dos usuarios de internet.

RETEGAL é o titular dos dominios “retegal.es” e “retegal.gal” e dos distintos elementos neles incluídos.

O contido facilitado a través deste Portal emítese con efectos simplemente informativos e non substitúe a publicidade das disposicións e actos que teñan que ser publicados formalmente en boletíns oficiais. Aínda que se efectuarán os esforzos precisos para que a información contida sexa exacta e actualizada, RETEGAL non garante a inexistencia de erros no contido deste Portal, nin que se atope totalmente actualizado.

RETEGAL non se fai responsable dos danos e prexuízos que puidese ocasionar o uso ilexítimo ou inadecuado das ferramentas e informacións contidas no Portal con excepción de todas aquelas actuacións que resulten da aplicación das disposicións legais ás que deba someterse no estrito exercicio das súas competencias.

RETEGAL non asume responsabilidade algunha derivada da conexión ou contidos das ligazóns a páxinas externas sobre as que non se ten ningún control, debendo o usuario deste Portal, en todo caso, aterse ás condicións de uso específicas das devanditas ligazóns.

RETEGAL resérvase a facultade de efectuar, en calquera momento e sen necesidade de aviso previo, modificacións e actualizacións sobre a información contida ou na súa configuración ou presentación.

Propiedade intelectual e industrial

Os dereitos de propiedade intelectual deste sitio web e dos seus elementos contidos son titularidade da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

A información dispoñible neste Portal, salvo indicación expresa en contrario, é susceptible de reutilización, quedando autorizada a súa reprodución total ou parcial, modificación, distribución e comunicación, para usos comerciais e non comerciais, con suxeición ás seguintes condicións:

  • Queda prohibida en calquera circunstancia a desnaturalización do contido da información.
  • O usuario queda obrigado a citar a fonte dos documentos obxecto da reutilización.

Esta licenza non reduce ou restrinxe os dereitos exclusivos do titular dos dereitos de propiedade intelectual, tales como o deseño do Portal e códigos fonte, marcas, nomes comerciais, logos ou signos distintivos, de acordo coa Lei de propiedade intelectual ou calquera outras leis aplicables.

Privacidade

Coa súa navegación, vostede presta o consentimento para recibir as cookies que utiliza o Portal, que en ningún caso se empregan para recoller información de carácter persoal. Son de dous tipos:

Cookies propias: son enviadas aos seu equipo e xestionadas exclusivamente pola Xunta de Galicia e RETEGAL, que só obtén e conserva a información relativa aos datos de sesión e idioma. Estas cookies son necesarias para o correcto funcionamento e visualización do Portal por parte do usuario.

Cookies analíticas de terceiro: o Portal usa as cookies da ferramenta Google Analytics, que realiza unha medición e análise estatística da navegación dos usuarios na web, co fin de mellorar os servizos que ofrece o Portal. A información que xera a cookie é directamente transmitida e arquivada por Google.

Para garantir o anonimato, Google converte a súa información en anónima truncando a dirección IP antes de almacenala. Tampouco asocia a súa dirección IP truncada a ningún outro dato conservado por Google, nin pode enviar a información recollida por Google Analytics a terceiros salvo cando estea legalmente obrigado a facelo, conforme as condicións de prestación do servizo de Google Analytics.

Se vostede desexa denegar o permiso para o tratamento estatístico dos datos ou da información con Google Analytics, prema aquí.

Lembrámoslle que deberá executar esta acción cada vez que cambie de navegador ou a súa configuración, ou se elimina as cookies, posto que o indicador de denegación se garda nunha cookie.

Protección de datos

Redes de Telecomunicación Galegas Retegal, S.A. cumpre coas directrices do Regulamento 2016/679, do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento dos datos persoais e á libre circulación destes datos (Regulamento Xeral de Protección de Datos ou RGPD) e demais normativa vixente en cada momento, e vela por garantir un correcto uso e tratamento dos datos persoais do usuario. Para iso, xunto a cada formulario de solicitude de datos de carácter persoal, nos servizos que o usuario poida solicitar a Redes de Telecomunicación Galegas Retegal, S.A., fará saber ao usuario da existencia e aceptación das condicións particulares do tratamento dos seus datos en cada caso, informándolle da responsabilidade do tratamento, os datos de contacto do responsable, os datos de contacto do Delegado de Protección de Datos, a finalidade do tratamento, a base xurídica para o devandito tratamento, os destinatarios ou categorías de destinatarios que, no seu caso, prevéxanse, prazo durante o cal se manterán os datos e os criterios utilizados para determinar este prazo, a posibilidade de que o interesado exercite o dereito de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación de tratamento e portabilidad dos seus datos, do dereito de interesado a interpoñer unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos. Así mesmo, Redes de Telecomunicación Galegas Retegal, S.A. informa que dá cumprimento á Lei 34/2002 do 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e o Comercio Electrónico e solicitaralle o seu consentimento ao tratamento do seu correo electrónico con fins comerciais en cada momento.

Uso de linguas

A Disposición adicional sexta da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, determina que se garantirá o uso das linguas oficiais do Estado nas relacións por medios electrónicos dos cidadáns coas Administracións Públicas, nos termos previstos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, e na normativa que en cada caso resulte de aplicación. A estes efectos, o Portal posibilitará o acceso aos seus contidos e servizos en galego e castelán.

Lei aplicable e xurisdición

Para toda cuestión litixiosa ou que incumba ao Portal, será de aplicación a lexislación española, sendo competentes para a resolución de todos os conflitos derivados ou relacionados co uso do presente Portal, os Xulgados e Tribunais da cidade de Santiago de Compostela.

 

Ligazóns de interese