Inicio > Transparencia e goberno aberto > Programas operativos

Un Programa Operativo componse, principalmente, de eixes prioritarios que conteñen unha estratexia coherente cos fins comunitarios e as necesidades detectadas, unha descrición do tipo de accións que levarán a cabo, unha xustificación da lóxica de intervención segundo os obxectivos específicos establecidos, unha selección adecuada dos indicadores de produtividade e de resultados, un plan de financiamento e unha relación das autoridades que intervirán na xestión e control do programa.

As actuacións correspondentes ás anualidades 2011, 2012, 2013, 2014 e 2015 estiveron parcialmente confinanciadas nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), no marco do Plan Operativo FEDER Galicia 2007-2013.

Financiouse polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), nun 80 %, no marco do Plan Operativo FEDER Galicia 2014-2020 a mellora da extensión de cobertura da rede RESGAL, dentro das medidas indicadas nesta páxina.

Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER), no marco do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020

Ligazóns de interese